Sendeiro Azul Praia de Abrela - Punta Socastro (Fuciño do Porco)

O sendeiro parte da praia de Abrela, galardoada con Bandeira Azul desde o ano 2009 e cunha zona dunar importante. Continúa o percorrido pola praíña de Porto de Val, con augas moi tranquilas e dende onde se pode apreciar que saen embarcacións pesqueiras pequenas.
 
O seguinte punto de interese é a praia de Alegrín, praíña escondida e en estado totalmente virxe, onde tamén se pode ver un pequeno guindastre para baixar embarcacións. A continuación pódese visitar a cetaria de Medas do Castro, onde se pode ver como se aproveitou o entorno rochoso para construír esta cetaria.


Finalmente, chegamos á Punta de Socastro, tamén coñecida popularmente como Fuciño do Porco,  co miradoiro natural sobre a praia de Pereira e Area Grande e cara ao leste a Ría de Viveiro. Remata o sendeiro azul na baliza luminosa de Punta Socastro.
 

Ligazóns

Compartir: