Costa do Vicedo (PR - G 156)

Ruta homologada pola Federación Galega de Montañismo, que percorre unha importante parte da costa do Concello e que abarca a Ría de Vicedo e parte da de Viveiro, comezando preto do porto pesqueiro, continuando a liña de costa e pasando por varias das praias do Concello do Vicedo.
 
O sendeiro comeza na explanada do porto do Vicedo, pasa polo pequeno paseo que rodea a praia de Vidreiro para, posteriormente, pasar cerca do faro de Castro e chegar a Caolín, pequena cala cunha area branca fermosísima. Despois o sendeiro segue un camiño tendido pola costa ata chegar á praia de Xilloi. Continúase pola costa para chegar ao punto máis próximo dende a costa á Illa Coelleira.
 
A continuación, o sendeiro vai alternando costa e montaña ata chegar á escondida praia de Tixoso. Dende ese punto o camiño segue a liña da costa para chegar ao miradoiro de San Román, dende onde hai unha impresionante vista sobre a saída da Ría de Viveiro e, a continuación, empréndese a baixada á praia de Area Grande onde se atopa o final da ruta.

Ligazóns

Descargas

Compartir: