Morgallón - Río Sor - Morgallón (PR-G 8)

Ruta que percorre unha parte do Río Sor ao seu paso pola zona de Montedinsua. Ao longo do percorrido, que discorre nunha boa parte por un sendeiro de pescadores achegado ao río, pódense observar os restos dunha antiga central hidroeléctrica, unha presa de retención, os restos dunha antiga telecadeira, que servía para que os pescadores cruzaran o Río Sor, un antigo muíño de auga, un refuxio de pescadores e, por suposto, a beleza do lugar de Montedinsua.

Ligazóns

Descargas

Compartir: