Festas e romarías

Festas do Carme

Celébranse o terceiro domingo do mes de xuño.

Normalmente o sábado pola mañá e báixase a Virxe do Carme en procesión dende a Igrexa do Vicedo ata o local da Confraría de Pescadores.

Xa o domingo pola mañá é a tradicional procesión marítima, con todas as embarcacións seguindo á embarcación que porta a Virxe, a beizón de todas as embarcacións e a ofrenda por todos os falecidos no mar.

Festas patronais de San Esteban

Celébranse a primeira fin de semana de agosto e consisten en tres días de festa, o último deles a festa trasládase á praia de Xilloi, onde se fai un día de festa campestre gozando da praia de Xilloi e o seu fantástico entorno.

Festa do turismo rural

Celébranse o terceiro domingo do mes de xullo e o programa de actividades inclúe misa campestre na honra de San Vicente de Francos, degustación de produtos típicos, carreiras de cabalos, bailes…

Celébrase no parque eólico de Muronovo e instálase unha gran carpa para acoller a todos os participantes.

Outras festas de interese no municipio

  • A Nosa Señora de Suegos. Suegos - Vicedo. 15 de agosto.
  • Santa María. Cabanas - Vicedo. 31 de agosto.
  • San Miguel. Negradas - Vicedo. 29 de setembro.
  • San Antonio. Negradas - Vicedo. Xuño.
  • San Pablo. Riobarba - Negradas. Xaneiro.

Romaxe Viquinga

Festa temática histórica que trata de recrear a vida dos viquingos no asentamento de Moutillós (San Román). Normalmente celébrase en 2 días a finais do mes de xullo. O primeiro día, o venres, ten lugar o pregón e un desfile dos cabaleiros e guerreiros tanto cristiáns como viquingos polas rúas do Vicedo. O segundo día, o sábado, é o auténtico día grande da Romaxe e celébrase na praia de Area Grande, en San Román. onde se instala un campamento viquingo e outro cristián e hai postos de artesanía, comida, etc.  Durante todo o día ten lugar o desembarco do barco viquingo, o espectáculo da loita entre os cristiáns e viquingos, e xa, no campamento, durante toda a tarde, obradoiros,  xogos, espectáculos de cabalos, espectáculos nocturnos de lume, voda viquinga, enterramento viquingo, etc.

Compartir: