Fuciño do Porco

O Vicedo

Fuciño do Porco

O Fuciño do Porco, coñecido con este nome pola forma coa cal se presenta o seu perfil ante os mariñeiros da zona que o avistan dende o mar, é un pequeno saínte costeiro entre as praias de Abrela e San Román.
 

O acceso a este lugar prodúcese a través da praia de Abrela, podendo chegar en coche ata o aparcamento onde comeza unha pista forestal de 1,3 km de recorrido a facer a pé que desemboca nun tramo de 400m de pasarela entre acantilados que permiten o mantemento dunha pequena baliza marítima que marca o extremo occidental da ría de Viveiro.
Como chegar a Fuciño do Porco:
Para acceder ao entorno do Fuciño do Porco débese tomar a estrada da costa (LU-862) que comunica O Vicedo e Viveiro. Á altura do lugar do Folgueiro hai un desvío debidamente sinalizado que indica Fuciño do Porco. Desde ese punto débese seguir unha estrada provincial, máis estreita e sen pintar, durante uns 2 km ata chegar ao aparcadoiro habilitado e sinalizado para Fuciño do Porco. Neste aparcadoiro hai que deixar obrigatoriamente o coche e comezar o camiño de acceso de 1,3 km (un camiño plano, sombrío e fácil de camiñar) ata chegar ao entorno do Fuciño do Porco, xa na costa e perfectamente identificable polas súas xa características pasarelas de madeira.

Atención: Se utiliza o gps de google (maps) para acceder en coche a Fuciño do Porco do busque por  Ruta Fuciño do Porco e xa o guiará directamente ao parking.

 

Fuciño do Porco

Coñecida oficialmente como Punta Socastro, esta peculiar xeometría, adéntrase no mar sendo un observador privilexiado da paisaxe deste punto do Cantábrico, xa que dende o Fuciño pódese disfrutar dunhas vistas espectaculares:

  • A Enseada da Pereira e a illa Coelleira cara o Oeste.
  • O illote da Gaveira, o Monte Faro e a praia de Area (no extremo Oriental da ría de Viveiro) e a enseada de Esteiro (en Xove) cara o Leste.
  • E cara o Norte a liña de horizonte en mar aberto na que se xuntan ceo e mar.

Compartir: