Praia de Area Grande

O Vicedo

Praia de area branca e fina nunha preciosa zona de acantilados. Consérvase en estado natural. Conta cun paseo de varios quilómetros de lonxitude que se construíu respectando o entorno natural polo que discorre.

Convén destacar tamén a cruz que domina a parte oriental da praia, á que se pode acceder por un camiño duns 300 m dende o aparcadoiro e observar unha preciosa panorámica da praia.
 

Compartir: