Ponte de Vicedo

Negradas

Ponte de Vicedo

Ponte metálica de principios de século sobre a desembocadura do río Sor, que divide as provincias de Lugo e A Coruña. Está formado por tres tramos iguais de 18,10 m de lonxitude cada un, de forma parabólica e con beirarrúas voadas.
 
O ancho da parte central, destinada antigamente ás carruaxes e cabalerías, é de 5 metros; as beirarrúas teñen o ancho dun metro cada unha.

Foi construído pola Maquinista Terrestre e Marítima de Barcelona, custou unhas 528.000 pesetas e foi aberto ao público o 1 de novembro de 1901.

Compartir: