Igrexa de San Esteban

O Vicedo. San Esteban del Valle

Igrexa de San Esteban do Vicedo

Sufriu importantes reformas no século XVII. Componse de tres naves separadas por pilastras cadradas, unidas lonxitudinalmente por arcos de medio punto e con cuberta común de madeira a dúas vertentes. 
 
Ademais do arco triunfal cerran a capela maior polas súas tres frontes arcos de descarga encaixados en muros. Aos lados do presbiterio dúas sancristías e diante da fronte un pórtico con entradas de arco polos costados. 
 
Sobre a porta principal espadana simple de dous vans con escaleiras incrustadas no mesmo muro e campanil pequeno cerca da porta lateral da nave.Muros caleados con granito nos esquinais, pavimento de cantería, teito de madeira e tellado de lousa.
 
O retablo maior, neoclásico, colle todo o muro do presbiterio, con altorrelevo na hornacina central que presenta a lapidación de San Esteban, e nos espazos laterais dúas pinturas nas que aparecen o xuízo de San Esteban e o seu enterro: "PINTO JUAN DE CASTINANDE, AÑO 1835".
 
Dous retablos laterais, neoclásicos, con esculturas de San Roque e San Nicolás.Esta igrexa era padroado laical e pertenceu aos Condes de Fuensaldaña, descendentes de Alonso Pérez de Vivero, que naceu nesta freguesía.

Compartir: