Castro de Suegos

Costa do Vicedo. Suegos

Castro de Suegos

Aínda que está en ruínas, segue pregoando desde a súa posición estratéxica a pegada dos nosos antepasados. Aínda se denomina Castro e quedan na zona os topónimos de Castro e Trascastro.

Está situado a 60 m. de altura ao final da parroquia de Suegos, confinando coa praia de Pereira, a punta de Trascastro e o Porto da Alegría. Quedan restos do mesmo e pode observarse o foso que o circunda, así como a gran cantidade de pedra procedente do muro exterior.

Compartir: