gratuito e a celebrar en 3 fines de semana

Curso de extracción de Resina

25-09-2017

O Venres 29 de setembro comezará un curso de extracción de resina destinado principalmente a xóvenes pero aberto tamén a xente de todas as idades. O curso está promovido polo Concello de O Vicedo e conta con subvención da Consellería de Política Social. Este curso durará 3 fines de semanas e conta cuns contidos eminentemente prácticos xa que se utilizarán pinos da zona de Arealonga para realizar as prácticas e aprendizaxe das técnicas.

A intención é que do curso saian futuros resineiros para traballar na comarca, que teñan unha opción laboral no territorio xa que hai plantas de pino suficientes en toda a zona para que varias persoas poidan vivir da resina. Trátase de que os xóvenes poidan traballar no seu territorio, que se poida recuperar o monte, cuidar e ver outros posibles usos forestais. 

O curso é gratuito e para formalizar a inscrición poden dirixirse ao mail alternativas forestais@gmail.com ou nos teléfonos 611 41 35 82 ou 610 20 70 51

Compartir: