Cartel oficial Romaxe Viquinga 2017

12-06-2017

Presentamos xa o cartel da Romaxe Viquinga que se vai celebrar os días 28 e 29 de xullo de 2017. Como novidades este ano hai que destacar o pregón na Casa da Cultura ás 19.30h a cargo do xornalista Ernesto Sánchez Pombo, a charla do arqueólogo Iñaki Sagredo a continuación, a ambientación e ruta de pinchos polo Vicedo xusto ao rematar a charla.

Para o día seguinte é o prato forte da festa. Comezará co desembarco e espectáculo matinal na praia de Area Grande (San Román), haberá obradoiros e demostracións durante todo o día no campamento viquingo e rematará a festa cun espectáculo musical a cargo de Milsons, tamén no acceso á propia praia de Area Grande (na explanada leste).

Información puntual e actualizada na páxina: https://www.facebook.com/ROMAXEVIKINGA/

Compartir: