Informador de turismo, animador sociocultural e 10 peóns

3 Ofertas de emprego

02-06-2017

Están expostas no taboleiro de anuncios do Concello as bases para a contratación laboral temporal dun/dunha informador /-a de turismo para a temporada de Verán, do 1 de xullo ao 31 de agosto. O prazo remata o día 12 de xuño ás 15h e o proceso será o 14 de xuño ás 11h na Casa da Cultura.

Por outra banda tamén están expostas as bases para un/unha animador /-a sociocultural, a xornada completa durante 3 meses (xullo, agosto e setembro). O prazo de solicitudes remata o 12 de xuño ás 15h e o proceso de selección será o 14 de xuño ás 10h na Casa da Cultura.

Tamén están expostas no taboleiro as bases para a contratación de 10 peóns de protección do ambiente e espacios naturais, a media xornada, do 1 de xullo ao 31 de agosto.

O prazo de solicitudes remata o 12 de xuño ás 15h e o proceso selectivo é o 13 de xuño ás 10h na Casa da Cultura.

Máis información e inscricións na Oficina da Axente de emprego local.

Compartir: