Oferta de emprego: Auxiliar de Axuda no Fogar

09-05-2022

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (32 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 01 de xuño, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición comenza mañá día 10 e remata o día 20 de maio de 2022. A selección realizarase o día 24 de maio de 2022, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 

Compartir: