Axudas municipais para transporte escolar

13-10-2021

Ata o 10 de novembro está aberto o prazo para solicitar as axudas municipais para transporte escolar (do curso pasado 2020-2021) do ensino NON obrigatorio.

Debe presentarse a seguinte documentación:

-Solicitude (no concello)

-Fotocopia do DNI debidamente cotexada

-Certificación bancaria da conta corrente do interesado

Para alumn@s universitari@s

-Fotocopia cotexada da matrícula

-Extracto do expediente universitario ou certificación de terse presentado como mínimo ao 50 % das materias do curso 20-21

Para alumn@s de Bacharelato ou FP:

-Boletín de cualificacións ou certificación académica ou certificación de terse presentado como mínimo ao 50% das materias do curso 20-21

Compartir: