Lista definitiva de admitidos/excluidos para a proba de selección para o PAI e oferta de emprego: Peón recollida lixo

16-07-2021

Está exposta desde o día de hoxe, 16 de xullo de 2021, no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello do Vicedo, apartado taboleiro de anuncios, a lista de admitidos e excluIdos definitiva para a contratación laboral temporal de dous/dúas Técnicos/-as en educación infantil,  para o Punto de atención a infancia.

A proba de selección realizarase o próximo día 23 de xullo de 2021, ás 10:00 h, na Casa da Cultura. R. Cidade de Mondoñedo, 23. 27860 O Vicedo.

Por outra parte, están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha PEÓN RECOLLIDA DE LIXO baixo a modalidade de contrato de traballo de interinidade, para cubrir vacacións, a xornada completa, desde o próximo día 9 de agosto ata o 23 de agosto de 2021.

O prazo de inscrición comenza hoxe día 16  e ata o 26 de xullo, ambos inclusive, realizándose o proceso de selección o día 27 de xullo de 2021, ás 10:00 horas, na casa consistorial.
 
Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info (apartado: taboleiro de anuncios, pinchar no + para ver toda a información)
Compartir: