Axudas ás empresas para contratación dos alumnos do obradoiro de emprego "Terras do Sor IV"

09-06-2021

O Concello do Vicedo e seguindo as directrices marcadas pola Consellería de Emprego e Igualdade concedente dos incentivos á contratación para os alumnos/-as traballadores/-as do Obradoiro de emprego “Terras do Sor IV”, organizado conxuntamente cos concellos de Ourol e Muras,  convoca as presentes axudas para o ano 2021

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos á contratación as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, para a ocupación do ámbito da especialidade de  “Traballos de carpintaría e moble” impartida no obradoiros de emprego "Terras do Sor IV", e que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial do taller dual de emprego: concellos do Vicedo, Ourol e Muras.

As contratacións terán unha duración mínima de 3 meses, a xornada completa. A subvención é unha cuantía fixa de 1.500 euros.

Prazo de solicitude: un mes desde a publicación no BOP de Lugo, do 10/06/2021 ao 09/07/2021

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Compartir: