Publicada lista de admitidos/excluídos provisional para a selección dun/dunha Axente TIC

29-04-2021

Publicouse no día de hoxe 29/04/2021 a lista de admitidos e excluidos provisional  en relación coas bases para a selección, dun/dunha AXENTE TIC, como persoal laboral temporal do Concello do Vicedo

Segundo se establece na resolución os excluidos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 30 de abril e 3 de maio para efectuar as alegacións que estimen oportunas ou corrixir, no seu caso, os erros que proceda, directamente no propio concello ou , enviando dentro do mesmo prazo a documentación orixinal ou en fotocopia compulsada ou cotexada por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 01 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste último caso, adelantaran por fax ó número 982590001 ou por correo electrónico o enderezo: concello@concellodovicedo.org, toda a documentación presentada nun rexistro habilitado e dentro do prazo estipulado.
As probas e valoración de méritos terán lugar o día 11 de maio de 2021, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).
Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no  + para ver toda a información)
Compartir: