Oferta de emprego: Limpador/-a a xornada completa

15-03-2021

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPIADOR/A a xornada completa, por un período de 6 meses, e con data de inicio prevista 13 de abril de 2021.
O prazo de inscrición iníciase mañá día 16 de marzo e permanecerá aberto ata o próximo día 26 de marzo de 2021, realizándose o proceso de selección o día 29 de marzo de 2021 a partir das 10:00 horas na casa consistorial.

Para máis información pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita no Concello, ou pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

Compartir: