Ofertas de emprego: 2 auxiliares de axuda no fogar (xornada parcial), 1 peón de servizos múltiples e 2 peóns de mantemento de zonas naturais

17-02-2021

-Están expostas as bases (unhas bases diferentes para cada un dos postos) para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de dúas  AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial, unha delas para 27 horas/semana e a outra cunha xornada de 25 horas/semana, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 16 de  marzo, en ambolos dous casos, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición é desde o día 18 de febreiro ata o 01 de marzo de 2021 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 02 de marzo de 2021, a partir das 10:00 horas a de 27 horas/semana e a partir das 10:30 horas a de 25 horas/semana, na Casa Consistorial.

-No BOP de Lugo de hoxe día 17/02/2021 publícase o anuncio da convocatoria para a selección, mediante concurso-oposición, de DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS e DUN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLESa xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Fomento do Emprego do Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2020", financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo. As bases de selección están expostas: no taboleiro de anuncios do concello, na sede electrónica e na páxina web da Excma. Deputación Provincial de Lugo

Como o prazo de inscripción é de 10 días naturais contados a partir da dita publicación, comenza mañá día 18/02/2021 e remata o día 01/03/2021 (por resultar inhábil o último día do prazo).

Para máis información ou consulta das bases contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do Concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (apartado taboleiro de anuncios, pinchar no + para ver tódalas novas)

Compartir: