O mago Deimi no Vicedo o 3 de xaneiro

28-12-2020

Despois de aprazar a actuación de Píscore para o sábado 3 de xaneiro, este domingo día 3 de xaneiro ás 18h na Casa da Cultura está previsto que actúe o Mago Deimi. Trátase dun espectáculo de maxia variada e divertida, moi dinámica e cun toque de humor e desenfado que encaixa á perfección co público familiar. Destaca a técnica deste mago con moita experiencia e de dilatada traxectoria: cartomaxia, manipulación, escapismo, mentalismo, levitacións, aparicións e desaparicións, maxia con lume, transformacións… E todo acompañado de grandes doses de retranca e música e fondo para marcar o ritmo dun espectáculo no que é fundamental a participación do público. Lembramos que se manteñen as medidas establecidas por Sanidade e o aforo está limitado a 60 persoas ás que se lles vai ir asignando butaca seguindo a orde de chegada.

Compartir: