Proximamente: Obradoiro de emprego

06-11-2020

Está previsto proximamente por en funcionamento un Obradoiro dual de emprego conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado "Terras do Sor IV", subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade, para as especialidades de: 

- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
- Traballos de carpintería e moble.

Os candidatos deberán estar inscritos como desempregados na oficina de emprego de Viveiro e carecer de ocupación nese momento, ademáis doutros requisitos que poden establecerse nas bases de selección, as cales contamos que a próxima semana estarán expostas na sede electrónica do concello de O Vicedo, taboleiro de edictos, etc. Para a especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais é necesario ter unha titulación mínima: ESO ou equivalente...
 
Os interesados deben pasar canto antes pola oficina de emprego de Viveiro para inscribirse especificamente para Obradoiros duais de emprego e nunha das dúas especialidades en concreto.
 
Ademáis, contratarase  outro persoal de xestión e apoio: un director, monitores un administrativo.
Compartir: