Apertura da Biblioteca Pública Municipal do Vicedo

14-05-2020

Por motivos de seguridade, só estará aberto o servizo de préstamo a domicilio de libros (recollida e devolución). Para a devolución hai na biblioteca unha caixa para a cuarentena dos libros (onde quedarán durante 15 días)

Por seguridade, debe entrar só unha persoa da mesma unidade familiar (se é o caso, cun máximo de un / unha neno/-a cada vez)

Será obrigatorio entrar na biblioteca provisto de
mascarilla

De ser posible, poden realizar reservas de libros no mail omix@concellodovicedo.org ou teléfono 982 59 01 95 para que o bibliotecario poida buscar os libros e telos preparados para cando veñan recollelos. Poden acceder ao catálogo da biblioteca do Vicedo en https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/

(Protocolo sanitario de seguridade fronte ao COVID-19)

Compartir: