Emprego: Publicadas bases de selección para operario de servizos múltiples e publicada lista definitiva para selección de peón mantemento zonas naturais

04-03-2020

No BOP de Lugo de 2 de marzo de 2020, publicáronse as bases da convocatoria do proceso de selección dun funcionario de carreira, mediante concurso-oposición, para acceder a unha praza vacante de operario de servizos múltiples do concello do Vicedo, poden consultalas no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (Apartado taboleiro de anuncios)

O prazo de solicitude aínda non está aberto, e será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Por outra banda, no enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, poden verse as resolucións da alcaldía pola que se aproban a lista de admitidos e excluidos definitiva para a selección, mediante concurso-oposición, de DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAISa xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Fomento do Emprego do Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2019", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo: 

https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3
Recordamoslles que as probas de selección para tódolos postos realizarase o próximo día 11 de marzo de 2020, na casa do concello, sita na r/Travesía da Mariña, 57: os dous peóns de mantemento de zonas naturais ás 10:00 horas e o peón de servizos múltiples ás 12:00 horas

Compartir: