Oferta de emprego: Auxiliar Administrativo a media xornada con adscrición aos cursos de Atención Sociosanitaria

25-11-2019

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, con carácter de urxencia, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR ADMINISTRATIVO/-A, a media completa, con adscrición á organización de dous cursos de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Sendo a data de  inicio prevista o día 11 de  decembro.

O prazo de inscrición iniciase o día 26 de novembro e remata o 02 de decembro de 2019. A selección realizarase o día 03 de decembro de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Compartir: