Oferta de emprego: Auxiliar de axuda no fogar

06-08-2019

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (37 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 09 de  setembro, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición iniciase o próximo día 07 de agosto de 2019 e remata o 19 de agosto de 2019. A selección realizarase o día 20 de agosto de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: 

 https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Compartir: