Ofertas de emprego: Auxiliar de axuda no fogar e limpador/-a

15-03-2019

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (20 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 8 de  abril, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición iniciase o próximo día 18 de marzo e remata o 27 de marzo de 2019. A selección realizarase o día 28 de marzo de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
 

OFERTA DE EMPREGO LIMPADORA A XORNADA COMPLETA

 Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPADOR/A a  xornada completa, por un período de 6 meses.

O prazo de inscrición comenza o próximo día 18 e remata o día 27 de marzo de 2019, realizándose o proceso de selección o día 28 de marzo partir das 10:30 horas, na casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board
Compartir: