Planetario Ciencia Kids, novidade nas actividades de nadal

19-12-2018

Acaba de ser confirmada pola Deputación de Lugo unha nova actividade para este nadal, concretamente a tarde do 31 de decembro, e trátase dun planetario destinado aos nenos e nenas e as súas familias. Estará instalado no salón de actos da Casa da Cultura entre as 16:30h  e as 19:30h.

A actividade consta de 3 turnos de unha hora cada un e consistirá na proxección nesta cúpula de varios documentais de astronomía, ciencia e humanidades. A actividade é gratuita.

 

Compartir: