Viaxe a Xuvenlugo

30-11-2018

Un ano máis, o concello de O Vicedo vai fletar 2 autobuses para desprazarse a Xuvenlugo, pequeno parque de atraccións que se instala no Pazo de feiras e exposicións de Lugo durante a época de nadal. 

Neste ocasión haberá as seguintes atraccións:

Pista de Minigolf, pista de slot, espazo infantil con xogos de psicomotricidade, animación á lectura, contacontos, inchables adaptados a cada idade, atraccións como o tren da bruxa, saltamontes, scalextric, break dance, touro mecánico, coches de choque, noria, etc. Tamén haberá xogos recreativos, pista multiaventura inchable e xungla inchable e pìsta de futbol indoor 3 x 3

A inscrición debe facerse na Casa da Cultura do Vicedo entre o 21  o 28 de decembro ás 14h. As idades son de 3 a 17 anos (os menores de 10 anos deben ir acompañados de polo menos un responsable maior de idade)

A viaxe será o sábado 29 saindo do Vicedo ás 14:45h e regresando de Lugo ás 20h.

Compartir: