Exposición das fotografías participantes no concurso de fotografía "Turismo O Vicedo"

28-09-2018

Están expostas na sala de exposicións da Casa da Cultura do Vicedo as fotografías participantes no concurso de fotografía celebrado no verán e que tiña como lema "turismo O Vicedo".  Nesta exposición poderán ver a alta calidade das fotografías, que sorprenderon ao tribunal cualificador e que finalmente gañou Paco López. O horario de apertura será de 10h a 14h e de 16h a 19:30h de luns a venres.

Compartir: