Apertura de prazo de presentación de solicitudes para postos de persoal de incendios 2018

15-05-2018

No BOP de Lugo do 15/05/2018 publícase o anuncio da convocatoria para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, do persoal de incendios para a campaña 2018:

- Tres peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Peón-conductor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Xefe para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 3 Conductores motobomba, dous meses e medio a xornada completa.



O prazo de solicitude estará aberto desde o día 16 de maio de 2018 ata o día 25 de maio de 2018.


Máis información e solicitudes contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver tódalas publicacións)

Compartir: