Lista definitiva de admitidos para a selección de operario de servizos múltiples

13-04-2018

En relación coa  selección para o nomeamento como funcionario interino dun operario de servizos múltiples para cobertura de praza vacante no cadro de persoal do concello do Vicedo, publícase unha lista de admitidos e exluidos provisional para a selección dun operario de servizos múltiples (funcionario interino) elevase a definitiva por non haber excluídos. As probas e valoración de méritos terán lugar o día 23 de abril de 2018, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, xuvenil e da terceira idade (Casa da Cultura), sita en Rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo.

Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver todo)

Compartir: