Ofertas de Emprego: Peón de obras e animador turístico

23-11-2017

A Consellería de Economía, Emprego e Industria subvenciona a este concello a contratación durante 9 meses a xornada completa de: 1 peón de obras e 1 animador turístico, ao abeiro do programa APROL RURAL.

Está dirixido a persoas desempregadas non ocupadas inscritas no servizo público de emprego. Presentarase a correspondente oferta na oficina de emprego de Viveiro, para proceder á selección entre os candidatos /-as remitidos por dita oficina.

Compartir: