Oferta de emprego - limpador/-a para cubrir vacacións

21-11-2017

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para contratación laboral temporal dun/dunha limpador@, para cubrir vacacións desde o 14 de decembro de 2017 ata o 16 de xaneiro de 2018 co mesmo horario das persoas ás que substitúe.

O prazo de inscrición comeza o 22 de novembro e remata o 1 de decembro ás 15h. O proceso de selección é o 4 de decembro ás 10h no Concello.

Pode consultar as bases e descargar os anexos para inscribirse no link: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Compartir: