O venres 29 de setembro

XIV Festa do Chicharro

27-09-2017

O venres 29 de setembro a partir das 20:30h celebrarase unha nova edición da Festa do Chicharro, organizada pola ACIA do Vicedo coa colaboración do Grupo de Acción Local do sector pesqueiro A Mariña-Ortegal, o Concello de O Vicedo, a Xunta de Galicia e a Unión Europea.

A festa consistirá nunha degustación deste sabroso peixe presente na nosa Ría e venderase en racións de 2€ compostas por 2 chicharros, pan e patacas cocidas (a bebida débese pedir aparte nos locais cercanos).

A festa celebrase nunha carpa instalada na rúa Cidade de Mondoñedo

 

Compartir: